Marina Groba regresa ao Marín Futsal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Novo movemento no Marín Futsal, co regreso dunha xogadora que xa pertencera ao club.
Trátase da gardameta Marina Groba, que volve ao equipo da Raña despois de tres campañas no Bembrive FS, co que competiu na Segunda División.
"Grazas por volver confiar no Marín Futsal, benvida de novo á túa casa", sinalou a entidade do Morrazo.
A de Marina Groba é a oitava fichaxe do equipo marinense para a nova tempada na máxima categoría xunto a Lucía Serrano, Ana Pinto, Débora Lavrador, Carolina Pedreira, Ana Cunha, Patricia Arruti e Daniela Rodríguez.