De novo o Arosa deixa escapar un triunfo no desconto empatando (2-2) fronte ao Deportivo B en Abegondo
Por Redacción
O Deportivo B tivo o balón, pero sen demasiada profundidade nin posibilidades de facer dano a un Arosa ben situado, que buscaba impoñer o seu estilo de recuperación e contraataque. E case lle sae ben, pero os de Piscis empezan a ter un calvario nos minutos de desconto, e de novo deixaron escapar unha vitoria que tiñan case atada, nese tempo engadido no que mesmo estiveron a punto de quedar sen puntuar.
Os deportivistas puxéronse por diante no marcador aos 24 minutos, por medio de Dani Iglesias, aproveitando un pase de Romay. Pero o que podía ter cambiado o signo do partido ao obrigar o Arosa a abrirse non sucedeu, xa que tan só dous minutos máis tarde Quique Cubas facía o empate.
Antes do descanso de novo aparecía Quique Cubas para facer o seu segundo gol e poñer por diante o seu equipo, ao rematar de cabeza un centro lateral.
Tras o descanso o dominio herculino acentuouse, pero sempre mostrando serios problemas para crear perigo. ÿ máis, mesmo sería o Arosa quen puido sentenciar o partido ao seu favor, pero o remate de Álex Freire, no minuto 57, saíu repelido polo poste da portaría defendida por David.
Cando parecía que o marcador xa non se movería, Remeseiro empataba cun remate que non logra deter Jorge Pérez. Os males aínda puideron ser maiores, pois Jorge Pérez evita o gol da vitoria local, cunha gran parada, e na xogada final do partido, minuto 94, Dani Iglesias manda ao poste un servizo de Remeseiro, aínda que o árbitro invalidara a acción por fóra de xogo.
R.C. DEPORTIVO B (2): David; Callón, Róber, Sidibé, Quique (Álex Pérez, min. 90), Queijeiro (Adrián Martínez, min. 80), Cañi, Ángel (ÿscar, min. 90), Dani Iglesias, Romay e Remeseiro.
AROSA S.C. (2): Jorge Pérez; Juanjo, Álex Freire, Martín, Alfonso, Rivas, Nando, Pablo Pillado (Jonathan, min. 82), Quique Cubas (José Ángel, min. 61), Munín e Eloy.
Árbitro: Leiras Martínez (Lugo), auxiliado nas bandas por Valín González e Cabanas Parrado. Amoestou a Eloy, do Arosa.
Goles: (1-0) Minuto 24: Dani Iglesias. (1-1) Minuto 26: Quique Cubas. (1-2) Minuto 37: Quique Cubas. (2-2) Minuto 92: Remeseiro.
Incidencias: Cidade Deportiva "O Mundo do Fútbol". Abegondo (A Coruña).