![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52d2b6e0ebbdd-copagalicia2014.jpg)
© Sociedad Gimnástica
A Sociedad Gimnástica, mellor club galego de atletismo en 2013
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Toda a familia que conforma a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, está de parabéns, xa que a Federación Galega de Atletismo nomeou á Sociedad Gimnástica como mellor club de atletismo en 2013, polo que repite a distinción que xa recibiu polo seu labor en 2012.
Este premio referenda o gran traballo que realizaron os atletas da Gimnástica e os seus adestradores, durante a pasada tempada.
Entre os méritos acadados cabe salientar as 131 medallas en Campionatos de Galicia e 19 en Campionatos de España; 8 atletas seleccionados por Galicia e 3 por España; mellor club galego na puntuación do ranking nacional e de finalistas en Campionatos de España; ademais de quintos na Copa do Rei, gañadores da Copa de Galicia, décimos na División de Honra, campións galegos de cross curto e subcampións do Campionato Galego de atletismo en pista.
Será o próximo venres na Gala anual de Atletismo galego, que se celebrará en Monforte de Lemos, cando se dará entrega do premio ao mellor club de atletismo.