O Arosa mantén os prezos dos carnés para a nova tempada
Por Redacción
O Arosa SC celebrou este venres unha Asemblea Extraordinaria na que se aprobou o orzamento económico para a tempada 2023/2024, o prezo dos abonos para socios, detallouse a nova Xunta Directiva, explicáronse os convenios co Portonovo SD e o RC Celta e aprobouse a concesión da Insignia de Ouro do club a Martín Abalo e a José Fajardo.
O primeiro punto do día abarcou o orzamento para a nova campaña, que se aproxima ao medio millón de euros. Concretamente, o club prevé uns gastos de 480.000 euros e uns ingresos de 480.000.
Tamén acordaron os prezos dos carnés, que se manterán igual que o ano pasado. O abono para Tribuna custará 90 euros, aínda que o de xubilado será de 75. O Carné Especial mantense en 150 euros, o de Preferencia en 75 e o de Preferencia de xubilado será de 60 euros.
Pola súa banda, os Sub30 pagarán 60 euros, os Sub18, 20, e os Sub12, cinco euros. Tamén fixaron o prezo do abono de Empresa, que inclúe tres carnés, por 270 euros.
Outro dos puntos que abordaron na Asemblea foi a composición da nova Xunta Directiva, da que continúa sendo presidente Manolo Abalo e presidente adxunto, Manolo Lojo. O vicepresidente económico é Ramón García Costoya; o secretario, Álvaro Romero Seoane; o tesoureiro, Manuel Cascallar Rey; o responsable das relacións institucionais, Jaime Bouzada Romero; a responsabilidade de Comunicación e Audivisuales para Marcos Fontenla Pedreira; e Prensa e Redes Sociais, Lucía Chazo Bello.
Así mesmo, os vogais que formarán a directiva son: Salvador Mondragón Romero, José Luis Oliveira Maneiro, José Luis Romero Iglesias, Joaquín Romero Iglesias, Sergio Moares Céspedes, José Ramón Fresco Acevedo, Eduardo Rodríguez Renda, Anxo E. Fernández Figueiras, Antía Cantou Piñeiro, María Dolores Temes Mistral, Iván Maneiro Sayáns e Jacinto María dos Santos.
Na quenda de rogos e preguntas explicaron os convenios deportivos co Portonovo SD, que pasará a ser o filial do Arosa, e do RC Celta, que será equipo de referencia da base.
Por último, aprobaron a concesión da Insignia de Ouro do club a Martín Abalo Salamanca e a José Fajardo.
Relacionadas:
-
Esta é a camiseta coa que xogará o Arosa a próxima tempada
Por Redacción |
-
O exgranate Martín Diz atopa acomodo no Arosa e Cacharrón asina polo Unionistas
Por Manu Otero |
-
A afección do Arosa elixirá o deseño das camisetas da nova tempada
Por Redacción |
-
Marcos Mella reforza o medio campo do Arosa
Por Redacción |
-
Rubo Blanco, de 'La Isla de las Tentaciones' a buscar o ascenso co Arosa
Por Redacción |
-
Xornada frenética no Arosa: Fichaxe, baixas e comunicado dos xogadores renovados en defensa de Luisito
Por Diego Espiño |