Esta é a camiseta coa que xogará o Arosa a próxima tempada
Por Redacción
A afección do Arosa SC xa decidiu cal será a camiseta que formará o equipamento do primeiro equipo durante a próxima tempada.
Das opcións que habilitou o club para elixir, os socios e socias elixiron a primeira, a máis tradicional, que ten mangas e pescozo en negro, unha franxa vertical do mesma cor no centro e as cores branco e vermello.
Cun 75% dos votos, os abonados decidíronse por esta alternativa en lugar da segunda, unha camiseta similar pero co estampado conformado por un patrón xeométrico e un ton vermello menos vivo.