O Campionato Galego de Piragüismo inicia no Pontillón do Castro a conta atrás cara ao Nacional
Por Redacción
O piragüismo autonómico ten unha cita esta fin de semana no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, co Campionato Galego Júnior e Sénior, unha cita que serve para iniciar a conta atrás cara ao Campionato de España Absoluto Sprint que terá lugar na instalación pontevedresa en xullo.
Ao redor de medio milleiro de padexeiros daranse cita nunha competición que reserva o sábado 24 de xuño (10.00 horas) para as categorías júnior e o domingo 25 (10.00 horas) para as probas sénior.
"Desde primeira hora da mañá teremos espectáculo e teremos competición. É unha antesala do que está por vir a Pontevedra, un concello abandeirado e recoñecido a nivel mundial", afirmou na presentación do evento o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea, acompañado a edil de Deportes, Anabel Gulías.
Ata final de ano de feito Pontevedra acollerá ademais do Campionato de España Sprint, o Nacional de Barco Dragón e o Campionato de España por Autonomías.
"Temos por diante grandes retos e citas que agardamos compartir no futuro próximo. A verdade que este tipo de campionatos tamén poñen en valor o traballo do CGTD e a importancia de contar cunha instalación como pode ser o Complexo Deportivo David Cal en Pontevedra", sinalou pola súa banda Gulías sobre unha cita na que participarán unha trintena de clubs galegos.
Relacionadas:
-
O autonómico infantil e cadete sobe o pano dun mes de xullo frenético no encoro do Pontillón do Castro
Por Manu Otero |
-
As vitorias do Naval e o Ciudad confirman o dominio do piragüismo pontevedrés no campionato autonómico
Por Redacción |
-
Os maratonianos do piragüismo pontevedrés lócense no Nacional e poñen rumbo ao Campionato de Europa
Por Redacción |
-
O Náutico de Cobres, gañador en Vilagarcía da segunda regata da liga Galega de Kaiak de Mar
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés lócese na casa na Copa de España Sprint
Por Redacción |
-
A Copa de España Sprint de Piragüismo e o Selectivo Nacional Júnior e Sub-23 enchen de actividade o encoro de Pontillón do Castro
Por Redacción |