Triunfo incontestable do Club Natación Galaico no Campionato Galego de Longa Distancia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Natación Galaico afiánzase como o club máis potente de Galicia. Faino tras lograr unha contundente vitoria no Campionato Galego de Longa Distancia, celebrado este sábado no Complexo deportivo de Santa Isabel (Santiago de Compostela). Nel participaron trece clubs de toda a comunidade.
A clasificación xeral quedou do seguinte xeito:
- Club Natación Galaico: 152 puntos
- Club Natación Pabellón Ourense: 88 puntos
- Agrupación Deportiva Liceo: 58 puntos
- Club Natación Riveira: 56 puntos
- Club do Mar San Amaro: 49 puntos
Na modalidade de 3.000 metros feminino absoluto, Iria García e Laura Montes subíronse ao podio en segunda e terceira posición, respectivamente, por detrás da internacional ourensá Laura Pimentel. Pola súa banda, no 3.000 masculino absoluto Cristian Fernández e Iago Lorenzo repetiron resultado no podio, cos seus respectivos segundo e terceiro posto.
En canto á categoría júnior, unha vez máis Itziar Aranguren alzouse co título no 3.000 feminino, mentres que na categoría infantil Paula Goyanes obtivo a medalla de bronce no 2.000 feminino.