Cómodo partido do Leis que estrea o ano cunha clara vitoria (7-3) ante o 5 Coruña FS
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cómoda vitoria para o comezo do ano do Leis na Terceira División masculina. Non tiveron problema algún os pontevedreses en derrotar ao 5 Coruña por un contundente 7-3. De feito, os goles dos visitantes chegaron nos últimos minutos do partido, cando os xogadores de Manu Cossío relaxáronse sobre a pista do Pabellón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Cunha defensa en media pista, o Leis pronto se fixo co control do partido fronte a un 5 Coruña que demostrou ser un equipo novo e valente. O primeiro gol chegaba desde as botas de Noel en lanzamento de falta. El mesmo lograba o 2-0, resultado co que se chegou ao descanso. Facíao tras aproveitar que Raúl, apoiándose en Barcala, percorreu toda a banda para que tan só tivese que empuxar o balón cara á portería.
Os xogadores pontevedreses saíron na segunda parte decididos a sentenciar o partido. Fixérono con tres novos goles, un de Noel, outro de Daniel e o último de Raúl. Os tres marcaron a pracer. Foi entón cando o Leis relaxouse propiciando unha tímida reacción dos coruñeses. Marcaron o seu primeiro gol tras unha falta ao bordo do área e o segundo, cando Daniel xa colocara o 6-1, nun desvío de Pablo que o porteiro local non puido atrapar.
Co 6-2 no marcador, o 5 Coruña saíu de cinco e na presión Noel roubou un balón claro para marcar o sétimo gol local. Cara ao final do encontro, nun rebote ante o cal a defensa do Leis quedou totalmente pasiva, o equipo visitante aproveitou para establecer o definitivo 7-3.
Con este resultado, o Leis mantén o liderato na Terceira División masculina. Suma 31 puntos.
LEIS PONTEVEDRA (7): Chenlli, Carlos, Dani Taboada (1), Martín, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Raúl Jiménez (1), Barcala, Miguel López (1), Miguel Cabaleiro, Noel Gómez (4).
5 CORUÿA FS (3): Alfonso, Jesús, Daniel, Pablo (2), Andrés, Juan (1), Iván, Cristian, ÿscar, Daniel González.
Árbitros: Jesús Otero Baltasar e Juan José Gonzalez Lubián. Amonestaron con amarela polo 5 Coruña a Cristian, Daniel e Ivan.
Incidencias: Partido correspondente á decimoterceira xornada de Tercera División, disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.