Botín de catro medallas para o Ría de Marín na Copa Primavera de Remo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Satisfacción no Club de Remo Ría de Marín polos resultados obtidos polos seus deportistas a fin de semana en Castrelo de Miño, onde se disputaba a XXX Copa Primavera.
Tratábase dunha competición nacional, previa ao Campionato de España, na que participaron 32 clubs con ata 233 embarcacións rexistradas. Todo iso nas categorías alevín, infantil, cadete, veterano e de remo adaptado.
O Ría de Marín finalizou no sétimo posto do medalleiro cun botín de catro metais.
Por unha banda a veterana Pilar García conseguiu o ouro en 1xVF, do mesmo xeito que os alevíns Gorka Rivadulla - Rubén Sobral (2xAM). Ademais o cadete Xián Gutiérrez (1xCM) foi bronce, como tamén o foron Xairo Rivadulla e Hugo González.
O club destaca tamén as actuacións do alevín Breogán Gutiérrez, que foi cuarto na súa proba, do cadete Niobe Barreiro que foi sétimo e de Manuel Caiño e Anxo Branco (13º).