As entidades deportivas de Marín percibirán preto de 45.000 euros en apoio o seu labor
Por Redacción
O Concello de Marín repartirá máis de 44.530 euros entre os clubs deportivos locais para fomentar a súa actividade e axudalos cos gastos que se derivan do seu funcionamento.
Esta liña de subvencións que se paga ahora, correspondente á anterior temporada, volverá saír para a próxima e servirá para cubrir gastos relacionados co funcionamento da entidade e os ocasionados pola actividade federada.
“Sabemos que o deporte base é fundamental e por iso temos unha aposta decidida pola súa defensa e polo apoio económico”, aseguran desde o goberno local.
A estas axudas só poden concorrer entidades deportivas que figuren no Rexistro Municipal de Asociaciacións do Concello de Marín, para garantir que son clubs que desenvolven a súa actividade neste municipio.
Tal e como se pode ver na memoria, as entidades que queiran volver concorrer a estas axudas, poderán facelo a partir da publicación das bases no BOP. A partir de entón terán un prazo máximo para presentar a documentación de 10 días hábiles. Deberá facerse a través da sede electrónica do Concello de Marín, enchendo unha serie de anexos que se poden descargar na propia plataforma dixital.
Con respecto ás subvencións que se pagan do ano pasado, o reparto quedou da seguinte maneira:
● EF VILLA DE MARÍN: 3.431,73 €
● LA PEÑA: 3.210,33 €
● MARIN CF: 2.269,37 €
● RÍTMICA AGARIMO: 1.549,82 €
● DOM+: 4.372,69 €
● CM TAMBO: 1.217,71 €
● XIMN VILA DE MARÍN: 1.771,22 €
● REMO RÍA DE MARÍN: 2.546,13 €
● CB PEIXEFRESCO: 5.811,81 €
● ATLETISMO SAN MIGUEL: 1.162,36 €
● TAEKWONDO MATS: 4.538,75 €
● RÍTMICA IN MARE: 1.494,46 €
● XADREZ MARÍN: 639,00 €
● PINARIUM: 2.214,02 €
● RCM AGUETE: 3.210,33 €
● TEAM THUNDER: 3.985,24 €
● SANTOME: 110,70 €
● XSM: 996,31 €
Relacionadas:
-
Gómez Noya e Pablo Dapena, asistencia de luxo na clausura do Campus do CD Pinarium
Por Redacción |
-
Unha decena de Concellos piden fondos provinciais para redactar proxectos de mellora das súas instalacións deportivas
Por Redacción |
-
A Deputación reparte medio millón entre 51 clubs de deporte náutico da provincia
Por Redacción |
-
Proxectan a mellora enerxética e estética dos pavillóns do Sequelo e A Cañota
Por Redacción |
-
Colectivos de Marín reciben axudas municipais por un valor de 35.500 euros
Por Redacción |