Prezos baixo mínimos e tres invitacións por socio para a visita de Unionistas a Pasarón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dun fío moi fino pende xa o Pontevedra Club de Fútbol, cuxas opcións de permanencia na Primeira RFEF pasaron a ser remotas tras a súa derrota da pasada fin de semana en Talavera.
As matemáticas con todo din que aínda hai unha mínima opción, e a iso agárrase un club granate que decidiu baixar os prezos ao mínimo para o penúltimo partido na casa da tempada, o que enfrontará ao Pontevedra con Unionistas de Salamanca o vindeiro sábado 13 de maio (19.00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
Por unha banda os socios poderán retirar ata tres invitacións gratuítas para acompañantes á súa mesma bancada, acudindo ás oficinas de Pasarón ou a través da páxina web oficial do club.
En canto ao prezo das localidades, fixouse en 15 euros na bancada de Tribuna, 10 euros en Preferencia e só 5 euros nos fondos para o público adulto, mentres que os menores de entre 7 e 16 anos deberán abonar 3 euros.
Os menores de 7 anos terán acceso libre ao estadio aínda que será necesario retirar entrada previamente.
ENTRADAS | Pontevedra CF - Unionistas CF
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 9, 2023
Cada socio adulto poderá retirar para a súa bancada tres entradas de balde
As entradas de balde soamente se poderán retirar nas oficinas (de martes a venres de 9:00-14:00 e 16:00-19:00) e online en https://t.co/bZp93Xx9hD pic.twitter.com/NAFaMKeygj
Relacionadas:
-
O Pontevedra asómase ao precipicio de Segunda RFEF tras empatar ante Unionistas (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra publica o prezo das entradas para o último partido de liga fronte ao Deportivo: a máis barata, a 20 euros
Por Diego Espiño |
-
Señor pide aos seus xogadores mellorar o "sacrificio solidario e defensivo" do equipo para agarrarse ás súas últimas opcións
Por Diego Espiño |
-
Pasarón renderá tributo a Cristian Fernández polo seu título no Mundial de Acuatlón
Por Redacción |
-
As difíciles contas do Pontevedra para seguir con vida na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |