Trasladan en helicóptero a un xogador do Noalla tras recibir un golpe na cabeza
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O público e os xogadores presentes este sábado no campo de fútbol da Lanzada levaron un tremendo susto cando se tivo que parar o partido polo forte golpe sufrido na cabeza por un xogador do Noalla.
O suceso obrigou a chamar ao 061, que mobilizou a un helicóptero que aterrou no propio terreo de xogo para atender ao deportista e trasladalo ao hospital.
Aínda que estaba consciente, o xogador mostrábase mareado e presentaba formigueo nas extremidades inferiores, polo que foi conducido ao centro hospitalario para recibir as atencións necesarias e practicarlle diversas probas que descartasen calquera tipo de lesión.
Tras o ocorrido, o partido renovouse e o Noalla acabou perdendo o seu partido contra o Newport Cats. Un encontro correspondente á xornada 25 do grupo 2 da Terceira Galicia de Veteranos.