Partido trampa para o Poio FS na súa volta á competición
Por Redacción
Despois dunhas curtas vacacións (xogaron o día 28 de decembro en Burela), o Poio Fútbol Sala volve á competición cun "partido trampa" ante o último da Primeira División, o Vallirana, na Seca (sábado 18:30 horas).
Así o define a flamante mundialista Cecilia Puga, recibida este mércores na Deputación Provincial tras o seu recente periplo na Selección Española.
Ceci cre que o equipo deberá estar "muy concentrado" para evitar posible relaxacións ante un conxunto "muy competitivo, que aunque vayan abajo los equipos ante ellas sufren".
Para a cita ante o Vallirana, que só venceu un partido na presente liga, Marcio Santos poderá contar con todo o plantel á súa disposición.