A 4 Picos Road estrea nova imaxe pasada pola auga
Por Redacción
O mal tempo non acompañou durante a celebración da Road Pontevedra "Clásica Evaristo Portela", que este ano estreou imaxe renovada e para todo tipo de participantes.
A proba clásica de ciclismo en roteiro, organizada pola empresa GlobalDXT que homenaxea ao director do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Evaristo Portela, celebrouse este domingo 23 de abril polas estradas de Pontevedra e a súa comarca, nas que se incluíron dous tramos de subida para poñer en valor a riqueza paisaxística da zona.
O pelotón tomou saída en Montero Ríos, onde cada participante puido elixir se facer o tramo curto, de 95 quilómetros con 1.800 de acumulado, ou o longo, de 125 quilómetros con 2.300 de acumulado. O seguinte destino foi Cerdedo-Cotobade, pasando por Caroi, baixada cara á zona da Lama, Soutomaior e subida ao Lago de Castiñeiras por Vilaboa, onde finalizou a proba.
O gañador nesta ocasión foi Xan Rey Calvo, que se impuxo sobre Fernando Lens e Adrián Isorna, segundo e terceiro respectivamente da carreira de gran fondo.
Pola súa banda, o primeiro en cruzar a meta na carreira de de Medio Fondo foi Juan Santos, seguido de Óscar Ríos e Juan José Domínguez, que completaron o podio en segunda e terceira posición.
Consulta todos os resultados nesta ligazón