Empate entre Céltiga e Xuventú Sanxenxo (0-0) co vento como protagonista
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O fortísimo vento que soprou sobre o Salvador Otero e a temperá expulsión de Cañi, ao ver dúas amoestacións en só 21 minutos de xogo, condicionaron o partido e o resultado entre Céltiga e Xuventú Sanxenxo. Os locais estreláronse unha e outra vez contra a ordenada e seria defensa amarela, e nas poucas ocasións de que gozaron, alí estaba o meta José para facer bo o esforzo defensivo dos seus compañeiros.
Repartición de puntos que impide ao Sanxenxo aproveitar a picada do Ribadumia para acceder ao liderado, pero que hai que considerar positivo tendo en conta as circunstancias.
Pouco ou ningún fútbol. Moitos balóns divididos. Partido máis físico que de calidade, con dominio local, pero escaseza de ideas ofensivas. Só o paso dos minutos e o lóxico desgaste, permitiron algúns achegamentos con perigo na recta final, como un remate de cabeza de Lozano, para os vermello e brancos, ou un remate de Nel, que rexeitou Juanjo, para o Sanxenxo.
CÿLTIGA CF (0): Juanjo; Janeiro, Louzán (Alexis, min. 92), Borja (Javi, min. 75), Carlos, Iago Nogueira (Unai, min. 46), Iago Ameneiro (Dieguieto, min. 64), Lucas, Rubén, Yago Martínez e Berto.
XUVENTÿ SANXENXO (0): José; Darío, Minso, Deivi, Fon, Tinaia, Diego Blanco (Fernando Aguín, min. 80), Cañi, Cuchi (Jorge, min. 100), Nel e Rubén Cerqueiras (Dani Muradás, min. 66).
Árbitro: Vila Álvarez (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Fariña e Villanueva. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Sanxenxo, Cañi (minuto 21) e a Tinaia (min 101), e con vermello directo (minuto 21) ao adestrador visitante, ÿscar García, e ao delegado do equipo, ao protestar a expulsión de Cañi. Ademais, amoestou a Iago Nogueira, Lucas e Unai, polo Céltiga, e a Cuchi e Minso, polo Xuventú Sanxenxo.
Incidencias: Campo Salvador Otero (A Illa de Arousa). Uns 200 espectadores. A falta de 5 minutos para o final, o colexiado sufriu unha picada muscular, tendo que ser substituído polo seu asistente, Villanueva Carballo. Debido a esa interrupción, en partido prolongouse ata o minuto 101.