Enorme vitoria do 'mataxigantes' Peixe Galego ante o CEBA Guadalajara (57-49)
Por Redacción
Volveuno facer. Se primeiro foi o poderoso e irregular esta tempada Palma Air Europa, agora o que fincou o xeonllo ante o Peixe Galego foi un dos aínda colíderes da competición, o CEBA Guadalajara (57-49).
Os de Marín, despois de ir a remolque na primeira parte do choque (22-28 ao descanso) principalmente pola falta de acerto en ataque, foi quen de remontar na reanudación e impoñerse nun final igualado a un conxunto que se xogaba a súa participación na Copa Adecco Prata, da que quedou finalmente fóra.
A intensa defensa dos de Javi Llorente foi clave no triunfo xunto á achega ofensiva de Manu Ferreiro (13) e Aramburu (12).
Con esta vitoria o Peixe Galego pecha a primeira volta na oitava posición cun balance de seis partidos gañados e seis perdidos, máis preto dos primeiros postos que do descenso, deixando na man o principal obxectivo, a permanencia.
MARÍN PEIXE GALEGO (57): Manu Ferreiro (13), Aramburu (12), Albert Homs (7), Al Rapier (4), Dirugeris (4) -cinco inicial- Darío Suárez (6), Luis González (2), Lucho Fernández (5), Gregorio Adón (4).
CEBA GUADALAJARA (49): Maxi Sole (4), Lázaro (6), Medori (4), Guillén (17), Álvaro Martín (7) -cinco inicial- Durán (7), Vidal (4), Kouril.
Árbitros: Zamora Rodríguez e Muñoz García. Sen eliminados.
Parciais: 14-12, 8-16, 16-10, 19-11.
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Raña, Marín.