A Escola Xadrez Pontevedra presenta os seus equipos para 2014
Por Redacción
Mellorar os resultados de 2013 e manterse como un dos clubs de referencia en Galicia son os obxectivos da Escola Xadrez Pontevedra para o ano que acaba de comezar.
O club lerezano presentou os seus oito equipos no Casino Mercantil nun acto no que estiveron presentes boa parte dos seus 80 xogadores, unha cifra que supón 15 máis que o curso pasado.
Os equipos, que arrancarán a competición na Liga Galega de xadrez o próximo día 11 de xaneiro, son os seguintes:
- EXP Ramón Escudeiro Tilve (División de Honor)
- EXP Alexei Shirov (Segunda División)
- EXP Ernesto Filgueira (Segunda División)
- EXP Iván Salgado López (Tercera División)
- EXP Zona Informática (Tercera División)
- EXP Cidade de Pontevedra (Tercera División)
- EXP Limpiezas San Vicente (Cuarta División)
- EXP Casino Mercantil e Industrial (Cuarta División)