ÿso duro para o Peixe Galego no inicio de ano coa visita do CEBA Guadalajara
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Esixente compromiso para o Marín Peixe Galego, que na volta da competición ao pavillón da Raña recibe este sábado (20:00 horas) ao CEBA Guadalajara, colíder xunto ao Fundación Baloncesto Fuenlabrada.
Os de Javi Llorente buscan empezar o ano cun triunfo que lles permita chegar ao ecuador da liga cun balance de seis vitorias e seis derrotas, algo que dende o club marinense tivesen asinado a principio de tempada.
En fronte o Peixe terá un equipo que só perdeu dous encontros no presente curso e que se xoga as súas opcións de clasificarse para a Copa Adecco Prata.
OPERACIÿN QUILO
Aproveitando a ocasión a directiva do Peixe Galego decidiu organizar o día do partido unha recollida solidaria de alimentos coa axuda de Cáritas.
Así se anima os afeccionados a acudir ao encontro con alimentos non perecedoiros, con especial atención a produtos infantís. Os que o fagan poderán acceder ao pavillón de balde.