O equipo feminino da EP Ciudad de Pontevedra domina a I Copa Galega de Sprint 2023
Por Redacción
Durante a matinal deste sábado, o Complexo Deportivo David Cal no encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, celebrouse a I Copa Galega de Sprint 2023, na que participaron preto de 300 deportistas pertencentes a 25 clubs de todo o territorio galego e en distancias de 1000 e 200 metros en embarcacións dobres e de catro tripulantes para as categorías sénior e xuvenil.
Os claros dominadores da xornada foron a EP Ciudad de Pontevedra en categoría feminina con 226 puntos e o Club Fluvial de Lugo na clasificación xeral masculina con 250 puntos.
En categoría xuvenil, o Club Fluvial de Lugo terminou en primeira posición na xeral masculina, secundado no podio polo Náutico Pontecesures e a E.P. Ciudad de Pontevedra. En mulleres, a vitoria foi para o Piragüismo Verducido por diante do Fluvial de Lugo e Ría de Betanzos.
Na final masculina do K2 1000 metros gañou a parella de Antonio Palmás e Diego Castro do Piragüismo Vilaboa e en C2 proclamáronse campións Fernando Busto e Diego Miguéns do As Torres Romería Vikinga.
Nas femininas, a dupla formada por Carme Devesa e Antía Landeira do Piragüismo Verducido venceron en K2, mentres que Noa Conde xunto a María Casal do E.P. Ciudad de Pontevedra fixéronse co primeiro posto do podio do C2.
As finais de K4 e C4 finalizaron coa vitoria do combinado do Naval de Pontevedra e o Náutico O Muiño, respectivamente; na distancia de 200 metros gañaron Diego Dacosta e Marcos Pérez do Ría de Aldán, e na final de C2 fixéronse co primeiro posto Luís Guerra e Eduyn Labarca do Fluvial de Lugo.
Carla Fernández e Sandra Leira do Ría de Betanzos conseguiron o primeiro posto en K2 e María Villaverde xunto a Noa Conde do E.P. Ciudad de Pontevedra fixeron o propio en C2.
Por último, as finais de K4 e C4 femininas terminaban coa primeira posición do equipo do Club de Mar Ría de Aldán e a E.P. Ciudad de Pontevedra, respectivamente.
O podio xeral feminino liderouno a EP Ciudad de Pontevedra con 226 puntos, seguida do Club As Torres Romería Vikinga con 194 puntos e do Piragüismo Verducido con 147 puntos, mentres que o primeiro posto do masculino foi para o Fluvial de Lugo con 250 puntos, o segundo foi para o Club Piragüismo Vilaboa con 230 puntos e o terceiro para o Club As Torres Romería Vikinga con 191 puntos.
Relacionadas:
-
Bos resultados para Galicia na primeira xornada da Copa de España de novas promesas
Por Redacción |
-
Unha trintena de equipos mídense este sábado en Verducido na primeira Copa Galega de Sprint cadete e veterano
Por Redacción |
-
A primeira Copa Galicia de piragüismo sprint levanta o pano competitivo do Pontillón do Castro
Por Manu Otero |
-
Tono Campos pasa a formar parte da lista máis numerosa de deportistas de alto nivel da historia de Galicia
Por Redacción |
-
Dominio pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
Teresa Portela, Antía Jácome e os mundiais de loita de Pontevedra, entre os premiados no gala Deporte Galego 2019-2022
Por Redacción |