O Maristas anula o intento de remontada do Arxil (84-80)

Por Redacción
As opcións para manterse nos play-off polo ascenso a Liga Challenge penden dun fío para o Club Baloncesto Arxil despois de caer no derbi contra o Maristas Coruña por 84-80.
As de Mayte Méndez chegaban á cita cos ánimos polas nubes tras superar a pasada xornada ao líder Tirso, pero o conxunto coruñés, coa permanencia en xogo, frustrou as opcións de vitoria do seu rival.
Comezaron mandando no luminoso as xogadoras verdes, cunha parcial inicial de 0-12. Con todo, tras un tempo morto, o Maristas púxose ao choio para colocarse a tan só tres puntos do empate cando terminou o primeiro período (17-20).
Xa no segundo, o Arxil desapareceu completamente, superado en todas as facetas de xogo polo cadro local que, apoiado en Andrea Pérez, Laura Martínez e Stojanovska, asinaba un parcial de 29-18 co que enviaban o partido ao descanso en 46-38.
Tras o paso polos vestiarios, os intentos do Arxil de dar a volta ao partido quedaron na beira a pesar de facer un bo último cuarto no que chegou a colocarse a tan só tres puntos do empate. Con todo, a arrancada final das xogadoras de Mayte Méndez foi en balde e o Maristas soubo frear ás verdes para facerse co triunfo por un axustado 84-80.
Agora, o Arxil dependerá do que faga o Unicaja no seu encontro do domingo ás 12:00 contra o Cortegada. No caso de que as malagueñas perdan, as verdes dependerán de si mesmas na última xornada ante o Bosonit Unibasket (8 de abril no CGTD ás 19:00 horas).
Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
Vitoria sen recompensa para un Arxil que queda ás portas da fase de ascenso
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil, a gañar ao Bonisit Unibasket... e agardar
Por Redacción |
-
O Arxil afronta un derbi decisivo na Coruña para meterse en playoff
Por Redacción |
-
O Arxil supera ao líder Tirso e mantén vivas as súas opcións de play-off (75-66)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil reacciona tarde e cae en Málaga ante Unicaja (60-55)
Por Redacción |
-
O Arxil desaparece tras o descanso e cae ante o Miralvalle (49-64)
Por Redacción & Cristina Saiz |