O Waterpolo Pontevedra quere romper a serie negativa en Madrid
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra desprázase esta fin de semana a Madid para disputar unha nova xornada da fase de ascenso contra o A.R Concepción Ciudad Lineal co obxectivo de recuperar a senda de vitorias e romper a serie negativa de dúas derrotas nos dous últimos partidos.
O club pontevedrés enfrontarase ao club madrileño, que conta cunha longa traxectoria en competicións nacionais, a partir das 15:30 horas na piscina do CDM Polideportivo Concepción.
As pontevedresas, que están a facer unha gran tempada e son consideradas o equipo revelación, viaxan co obxectivo de todas as semanas: loitar ata o final para conseguir os dous puntos en xogo.
Será un duelo entre rivais directos, o Ciudad Lineal ocupa a sétima praza e o Waterpolo Pontevedra a oitava, ambas con 11 puntos, os mesmos que o CN Vallirana (sexto).
O partido poderá seguirse a través da web da RFEN
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra cae en Madrid e suma tres xornadas sen puntuar (14-11)
Por Redacción |
-
O equipo infantil do CW Pontevedra imponse no autonómico máis disputado
Por Redacción |
-
Axustada derrota do Waterpolo Pontevedra ante o CN Vallirana (8-11)
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra recibe o premio Mulleres Femupo
Por Redacción |
-
O Iruña rompe coa racha do Waterpolo Pontevedra (19-13)
Por Redacción |
-
O WP Pontevedra inicia a fase polo ascenso con triunfo ante o CN Molins (12-8)
Por Redacción & Cristina Saiz |