![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cd7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64104213c6-1.jpg)
© RFEF
Luci, Ale de Paz e Silvia Aguete, do Poio Pescamar e Marín Futsal, disputan con España o Europeo de fútbol sala
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/459/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/641041fbe7-12.jpg)
© RFEF
A selección feminina de fútbol sala xa ten convocatoria oficial para o Europeo que disputará esta semana na cidade húngara de Debrecen. Tras os dous amigables ante Brasil, a seleccionadora Claudia Pons deu a coñecer a lista definitiva de 14 xogadoras entre as que se atopa a xogadora do Poio Pescamar Luci Gómez; e as do Marín Futsal, Silvia Aguete e Ale de Paz.
Neste campionato, o combinado nacional tratará de defender o título logrado en 2019 e 2022 en Portugal.
España ten previsto viaxar este martes pola mañá á cidade húngara, onde pisará por primeira vez o Fönix Arena nunha sesión de traballo o mércores pola tarde. O xoves será o adestramento oficial previo ao partido, que lle medirá a Portugal o venres 17 ás 16 horas e que poderá seguirse en directo pola canle de televisión Teledeporte.
A convocatoria está formada polas porteiras Silvia Aguete (Marín Futsal) e Marta Balbuena (Atlético Navalcarnero); as peches Noelia Montoro (Roldán), Mayte Mateo (Roldán) e Laura Córdoba (Atlético Navalcarnero); as alas Ale de Paz (Marín Futsal), Irene Samper (Burela), Peque (Burela), Luci Gómez (Poio Pescamar), Melli (Alcantarilla), María Sanz (Atlético Navalcarnero) e Antía Pérez (Burela); e a pivotes Irene Córdoba (Atlético Navalcarnero) e Dany Domingos (Burela).
Relacionadas:
-
As tricampioas de Europa poñen o foco nun mundial "que non sabemos nin cando vai ser"
Por Manu Otero |
-
A Selección de fútbol sala, campioa de Europa por terceira vez tras golear a Ucraína (1-5)
Por Redacción |
-
Ale de Paz, Silvia e Luci, do Marín Futsal e Poio Pescamar, na prelista de España para o Campionato de Europa de Fútbol sala
Por Redacción |
-
Dobre triunfo de España sobre Arxentina con sabor a conserva
Por Redacción |