O CW Pontevedra quere seguir coqueteando co ascenso en Iruña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O CW Pontevedra quere prolongar o seu estado de graza no País Vasco. As pontevedresas visitan este sábado ás 18.30 horas ao segundo clasificado da fase polo ascenso a división de honra, o CW Iruña.
O cadro vasco ocupa a segunda posición da táboa con 12 puntos, a un só punto de distancia do líder Real Canoe.
Con todo, o reto non asusta ás pontevedresas que xa iniciaron a súa andaina nesta segunda fase da tempada con vitoria e co obxectivo marcado a principio da tempada, o da permanencia, conseguido con sobrada solvencia.
Agora, as de Kike García compiten sen presión e coa ilusión de terminar a tempada o máis arriba posible sen renunciar ao soño do que sería un histórico ascenso á máxima categoría do waterpolo feminino español.
As lerezanas marchan en quinta posición da clasificación con dez puntos, a só tres do líder e a unha vitoria de superar ao CN Molins, a súa primeira vítima nesta segunda fase da tempada.