Os gañadores do Circuíto de Carreiras Populares reciben os seus premios
Por Redacción
Un importante número de deportistas acudiu durante a mañá deste sábado ao Teatro Principal onde se realizou a entrega dos premios aos gañadores das distintas categorías no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP).
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, presidiu o acto no que foron premiados os cinco primeiros absolutos e os tres primeiros nas categorías júniors, sénior e nos sete grupos de idade de veteranos, ademais dos dous campións absolutos da competición: José Antonio Ramallo e Verónica Romero.
Esta competición permitiu ordenar un calendario de carreiras populares estable e organizar probas que corrían o risco de desaparecer. Por un prezo de 25 euros, os atletas puideron participar nas carreiras de San Brais, Monte Porreiro, PonteNoite, Santiaguiño do Burgo, Campañó e no Medio Maratón de Pontevedra, probas que se desenvolveron dende febreiro ata outubro.