O Poio Pescamar promete espectáculo e entradas gratuítas á súa afección para celebrar o entroido
Por Redacción
Segundo derbi galego do ano para o Poio Pescamar. As vermellas reciben este sábado, ás 19 horas, ao Viaxes Amarelle no pavillón de Príncipe Felipe de Pontevedra polas obras de remodelación da Seca co obxectivo de sumar un novo triunfo que permitan manter vivo o soño de alcanzar ao Atlético Navalcarnero no liderado da liga e seguir mantendo ao perseguidor Burela baixo control.
As conserveiras suman 60 goles a favor e só encaixaron 20 tantos en contra, son o segundo equipo que menos goles recibe. En sentido ascendente e realizando unha tempada case perfecta, as de Luís López confían en repetir o resultado do último encontro contra as coruñesas, o da primeira volta, que se saldou con vitoria vermella despois de remontar un 0-2 en contra.
Aproveitando a celebración do entroido e a disputa de dous derbis consecutivos, en liga contra o Viaxes Amarelle e en Copa Galicia contra o Burela, o Poio Pescamar saca unha promoción para que toda aquela persoa que acuda disfrazada ao partido do sábado poderá entrar de forma gratuíta no partido do mércores contra o Burela no mesmo escenario. Para o encontro de liga, o prezo das entradas é de 5 euros.
Pola súa banda, o Marín Futsal, nunha situación clasificatoria moito máis tranquila despois das súas últimas vitorias, visita a complicada cancha do Roldán, ao que se medirá este sábado ás 19 horas co obxectivo de regresar a Marín con tres puntos que lle permitan seguir escalando postos na táboa.