As xogadoras do CW Pontevedra conquistan tamén a Copa Galega
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra faise co título de campión da Copa Galega Absoluta Feminina, disputada a pasada fin de semana en Ourense.
O primeiro partido do torneo coincidiu co partido de liga nacional que o primeiro equipo disputaba o sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín. Por iso, as máis novas do club tiveron que asumir a responsabilidade e, en combinación coas xogadoras do club asociado, o Ourense; losgraron superar o primeiro cruce fronte ao Lugo, ás que derrotaron por 7-1.
A final disputouse o domingo contra ao RCN de Vigo e o CW Pontevedra xa puido reforzarse con algunha das xogadoras do equipo de Nacional, aínda que o groso da aliñación estivo formado polas xogadoras que lograron o pase á final. Nun partido moi disputado, as lerezanas lograron dobregas ao conxunto olívico por un axustado 9-8.
No referente á Copa Masculina, o CW Pontevedra participou con dous equipos nos que mesturaron xogadores xuvenís con outros de categoría absoluta. O equipo A non tivo fortuna e caeu en cuartos fronte ao RCN Vigo, mentres que o B alcanzou as semifinais, nas que caeu ante o Lugo.