O Pontevedra fixo valer a súa maior calidade indidivual para impoñerse (3-1) a un Dorneda que mereceu algo máis
Por Ramiro Espiño
O mellor do partido foron os puntos conseguidos e os resultados dos rivais directos, con pinchazos de Cerceda, Boiro, Choco, Ordes e Arosa, que permiten ao Pontevedra pechar a primeira volta recortando distancias e ás portas dos postos de play-off. Porque o que se di xogo e sensacións, o que deixa tras de si a vitoria sobre o Dorneda é a impresión de que este equipo necesita bastante máis si de verdade pretende ser un serio candidato ao ascenso ao finalizar a tempada.
Baste dicir que o Dorneda mereceu máis, bastante máis, nunha segunda parte na que os granates saíron coa "empanada" posta e a punto estiveron de tirar pola borda a cómoda vantaxe obtida, nun primeiro período sen gran xogo pero con moita efectividad e clara superioridade sobre un rival encolleito, que non quixo arriscar e que pagou ese repliegue en forma de goles, forxados na maior calidade individual dos locais, que foi o que ao cabo desnivelou o choque.
E aí estivo a clave. Cando tantas veces ao Pontevedra esta tempada custoulle definir ante a meta contraria, neste caso tivo catro, transformou tres e a outra a mandou ao poste da meta rival. No medio houbo demasiados xogadores ausentes, actuando a un ritmo cansino que lastrou ao equipo e cos xa endémicos erros ou fallos de concentración en defensa, que si non custan máis caros é precisamente porque os rivais tampouco andan sobrados desa calidade que se compra con euros.
Porque malia saír atrás, cedendo o balón e a iniciativa ao Pontevedra, foi o Dorneda quen tivo a primeira ocasión do partido, na súa única aproximación de todo o primeiro tempo. Foi por medio de Yago, unha illa solitaria no ataque visitante, que se foi ata de cinco rivais, para sacar un disparo que puxo en apertos a Edu.
O Pontevedra mandaba pero non chegaba. Só Candela, a brega de Lede e o traballo de Kevin, poñían sentido a un equipo plano. E foi precisamente nun chispazo de calidade cando chegaría o primeiro gol. Ata entón nada reseñable en ataque. Xurdiu Pablo Carnero para sacar un bo centro, Kevin rematou de cabeza, Guillermo fai unha gran parada, pero Javi Otero que seguía a xogada e libre de marca aproveita o rexeite para inaugurar o marcador.
Corría o minuto 23 e os de Oleiros acusaron o golpe. Tanto que Kevin puido marcar pouco despois, nun gran disparo desde a frontal, que se estrelou na cepa do poste. Era o minuto 29.
Despois unha pequena sesta de case quince minutos, ata o seguinte chispazo. Nesta ocasión chegou pola banda contraria, a esquerda, cun "cano" espectacular de David Pérez sobre Martín, con cesión atrás para o remate de Pablo Lede. Guillermo fai o que pode e evita o gol, pero escápaselle uns centímetros o balón, o suficiente para que o sempre atento Kevin apareza de novo metendo a puntera para superar ao guardameta. Era o 2-0, instantes antes do descanso.
Parecía resolto o partido, pero o que ninguén contaba é que os granates saíran absolutamente descentrados e durmidos na reanudación, dando vida o rival. Avisou pronto Chequi, tras unha falta, obrigando a Edu a responder cunha excelente parada. Minuto 48. E só dous despois chegaba un golazo de Jorge, que a pon na escuadra, pero valéndose da pasividade defensiva local, que lle permitiu recibir só dentro do área, con tempo para pensar onde colocar o balón e facelo de forma maxistral.
O gol levou os nervios a unha grada á que o cambio de hora do comezo do partido non sentou demasiado ben, e viuse máis despoblada que en xornadas anteriores. Pero máis nervios levou ao equipo de Manu Fernández, que cedeu totalmente a iniciativa ao Dorneda, sen conseguir hilvanar dous pases, nin crear unha soa aproximación de perigo ao área contraria.
E puido empatar o equipo de Carlos Brizzola. Foi nun voleón de Chequi que buscaba a escuadra, pero ata alí voou literalmente Edu para mandar o balón a corner. Foi a xogada clave do partido. O Dorneda estaba merecendo o empate por xogo, e agora tamén por ocasións, pero as súas chegadas con centros ou faltas laterales, sendo boas na elaboración, non o foron na definición.
Nesas estabamos, cos granates pedindo a hora, cando chegou un novo chispazo illado. Primeira ocasión de verdadeiro perigo e a sentenza no tempo de desconto. Javi Otero fai unha xenialidade para irse do seu par no bordo do área e cando encara o porteiro serve en bandexa para que Pablo Carnero empuxe a porta baleira.
PONTEVEDRA CF (3): Edu (2); Caco (1), Yago Vázquez (1), Miguel (1); Javi Otero (2), Candela (3), Pablo Lede (2), David Pérez (1); Kevin (2) e Pablo Carnero (1).
Sustitucions: David García (1) por Candela, minuto 69. Richi (s.c.) por Kevin, minuto 77. Adrián (s.c.) por David Pérez, minuto 88.
CD DORNEDA (1): Guillermo (2); Martín (1), Dapo (2), Cristian (1), Jorge (2); David (1); Gabi (2), Héctor (2), Mon (1), Chequi (2); e Yago (2).
Sustitucions: Cristóbal (2) por Cristian, minuto 43. Manu (s.c.) por Martín, minuto 78. Yoni (s.c.) por Gabi, minuto 84.
Árbitro: Abel Fernández Lodeiro (Santiago), auxiliado nas bandas por Fernández Lodeiro e Vilas Lorenzo. Amoestou a Caco, no Pontevedra, e a Mon e Héctor, no Dorneda.
Goles: (1-0) Minuto 23: Javi Otero. (2-0) Minuto 43: Kevin. (2-1) Minuto 50: Jorge. (3-1) Minuto 90: Pablo Carnero.
Incidencias: Estadio Municipal de Pasarón. Uns 900 espectadores.
VESTUARIOS:
CARLOS BRIZZOLA: O técnico arxentino do Dorneda analizou así o sucedido en Pasarón: "O Pontevedra foi bastante mellor que o Dorneda na primeira metade e foise cunha renda de dous goles conseguidos en situacións que teriamos que resolver mellor. Con esa desventaxa e notando que eles sacaran proveito da súa peligrosidade, porque os dúas puntas que teñen son moi bos, e Javi Otero, Candela, bo, ten un gran equipo, pero tamén teño que dicir que no segundo tempo melloramos muchísimo, metémonos no partido co golazo que marcamos e tivemos ocasións para haber empatado. Ímonos con mala sensación, porque o bo traballo que fixemos non tivo reflexo nese segundo tempo no que por momentos tivemos encerrado no seu campo ao Pontevedra, pero non soubemos definir ben as ocasións que tivemos".
Manu Fernández: "Desde que estou adestrando sempre conseguimos facer mellores as segundas voltas e non creo que este ano vaia a ser unha excepción. Queda moito por vivir"
MANU FERNÁNDEZ: Pola súa banda o adestrador local quedábase coa importancia da vitoria e os puntos conseguidos, que lles permiten acurtar distancia cos primeiros postos: "Sempre que ganas o mellor do partido é o resultado, iso é obvio. Temos unha necesidade de puntos e cando ganas é un alivio. Víronse cousas boas e outras malas, pero no fútbol o importante é gañar. O baixón da segunda parte eu o achaco ao gol deles, xa que na primeira parte non nos crearon problemas, pero logo atópanse con ese gol, e o noso equipo empeza a acusar un pouco o que lle pasa moitas veces cando xogamos aquí, métese atrás, recuperamos moi lonxe da portería rival e cústanos moito chegar arriba. Non creo que fose falta de intensidade, o que si é certo que algúns xogadores cando fallan logo cústalles ofrecerse para recibir o balón e por iso pasamos unha segunda parte de certo angustio. Pechamos a primeira volta con 33 puntos e espero que na segunda sumemos máis. Creo que vai ser unha liga de poucos puntos en xeral, porque está todo moi igualado. Eu creo que non van chegar 66 puntos para meterse, sinceramente, pero eu desde que estou adestrando sempre conseguimos facer mellores as segundas voltas e non creo que este ano vaia a ser unha excepción. Temos a fase a tiro de nada e queda moito por vivir".