Goleada a domicilio do Pontevedra xuvenil (0-5) sobre o Veriña
Por Ramiro Espiño
Tres puntos de ouro para comezar a segunda volta. O Pontevedra xuvenil conseguiu unha importante goleada a domicilio fronte a un rival directo ao que ademais gaña o parcial xa que os gijoneses empataran na Xunqueira no partido inaugural da liga.
O triunfo permite aos xuvenís granates tomar un pequeno colchón de puntos de distancia sobre os postos de descenso, se ben lles custou dobregar ao equipo asturiano. A goleada chegou na recta final do partido, tras adiantarse no marcador no minuto 23, por medio de David. Logo viría a expulsión do xogador local Agus, superada a media hora, pero non sería ata os últimos 20 minutos de partido cando a superioridade granate tivo o seu reflexo no marcador.
VERIÿA (0): Pedro, Adrián, Bernardo, Igna, Álex (González, min. 82), Agus, José (Asier, min. 56), Sabou, Polo (Juan, min. 80), Noé e Alejandro García (Sergio, min. 69).
PONTEVEDRA CF (5): Bóveda; Dani Otero, Yago Martínez (Iago Fernández, min. 71), Nico (Carballa, min. 57), Bruno, Jaime, Agus, Brais, Tomás, David (Abraham, min. 61) e Róber (Mario, min. 68).
Árbitro: Pablo Fernández (Asturias). Expulsou o xogador do Veriña, Agus (minuto 32).
Goles: (0-1) Minuto 23: David. (0-2) Minuto 69: Abraham. (0-3) Minuto 74: Tomás. (0-4) Minuto 77: Agus. (0-5) Minuto 89: Abraham.
Incidencias: Campo San Martín (Gijón).