Segue a progresión dos nadadores do Galaico nas ligas galegas de natación
Por Redacción
Ponteareas foi o escenario da terceira xornada da liga galega benxamín e alevín de natación. Unha proba na que ademais do Club Natación Galaico participaron o Club Natación Ponteareas, o Club Natación Villagarcía, o Club Natación Salnés e o Club Natación Sanxenxo.
Na categoría benxamín, os nadadores do Galaico mostraron unha boa progresión, nadando a bo nivel e gañando a maioría das probas disputadas; mentres que na categoría alevín, conseguíronse numerosas mínimas para os campionatos galegos de verán malia atoparse no inicio da tempada.
Á espera dos resultados oficiais os benxamíns ocupan a sétima posición na liga galega e os alevíns a cuarta.
OS INFANTÍS, EN PONTE MUIÿOS
Por outra banda, a piscina do complexo deportivo Rías do Sur acolleu a primeira xornada da liga infantil de clubs, na que o Galaico intentará revalidar o título obtido na tempada pasada.
Nesta primeira xornada os nadadores participaron nas probas de 100 metros estilos, 1.500 metros libres masculino, 400 metros libres feminino, 100 metros braza, 100 metros espalda e nos relevos de 4x50 metros.
A tan só dúas semanas do campionato galego, os nadadores do club pontevedrés demostraron estar nun excelente momento de forma, competindo xa na maior parte dos casos por baixo das súas mellores marcas persoais.