Boas sensacións dos tiradores da Escola Hungaresa na Copa do Mundo de Sabre Júnior
Por Redacción
Bo papel das tres tiradoras da Escola Hungaresa de Pontevedra na proba da Copa do Mundo de Sabre Feminino Júnior disputada o pasado fin de semana en Ciudad Real.
Nun cadro con 32 deportistas con presenza de tiradores de sete nacionalidades diferentes, Natalia Fernández finalizou no posto 20 tras gañar tres asaltos e perder outros tres na fase previa, Antonella Bunimov no 22 co mesmo balance que Natalia e Ángela de Faveri rematou no posto 33, cunha única vitoria na primeira fase.
O máis positivo para as pontevedresas é a experincia acumulada, xa que a pesar de clasificarse para a proba júnior están aínda en idade cadete.
Ademais da Copa do Mundo tamén se celebrou en Ciudad Real o Torneo Nacional de Ranking Absoluto, cun nivel superior ao sumarse tiradoras españolas da máxima categoría.
2º TORNEO DE RANKING GALEGO
A Escola Hungaresa prepara xa a segunda proba do Ranking Galego de Sabre, que se celebrará nas instalacións do club pontevedrés, no antigo Maxisterio, o próximo sábado 21 de decembro dende as 10:00 horas.
O evento, que contará coa presenza de tiradores de Galicia e Portugal, celebrarase nas categoría de miniesgrima, cría, M-15 e absoluta, completándose o programa con torneos amigables de sabre afeccionado e esgrima antiga.
A organización doará todo o diñeiro recadado coas inscricións á asociación Acnur para colaborar cos damnificados do tifón de Filipinas e poñerá en marcha a Operación Kilo de Nadal en beneficio da Asociación Rexurdir.