O Campionato Galego de Ciclocrós reunirá en Poio a máis de 300 deportistas
Por Redacción
Poio terá a honra de despedir este ano o calendario do ciclocrós autonómico coa celebración do Campionato Galego no V Ciclocrós Poio Móvese.
A cita, que contará con máis de 300 deportistas, terá lugar o vindeiro domingo 8 de xaneiro nun circuíto de 3 quilómetros que se instalará na Seca.
"É un circuíto esixente, que obrigará as e os participantes a dar o mellor de si e que a bo seguro suporá un gran atractivo para as persoas que se acheguen a gozar da proba como espectadores", asegurou na presentación do evento a concelleira de Deportes, Marga Caldas.
A partir das 9.30 horas da mañá competirán en Poio ciclistas de categoría elite, sub-23, junior, cadete e Máster 30, 40 e 50, tanto masculinas como femininas.
Trátase dun campionato que contará cun aliciente importante, e é que os gañadores de cada unha das categorías gañaranse o dereito para participar coa selección galega no próximo Campionato de España da especialidade.
O V Ciclocrós Poio Móvese está organizado polo Poio Bike Club e o Concello de Poio.
Relacionadas:
-
Pistoletazo de saída á tempada de ciclocrós do Poio Bike Club coa Copa de España en Xixón
Por Redacción |
-
Laura Mira e Samuel González proclámanse campións autonómicos de ciclocrós en Poio
Por Redacción |
-
Laura Mira e Marta Estévez poñen a guinda á Copa Galicia de Ciclocrós para o Froiz
Por Redacción |