Antonio Fernández, tras a derrota en Córdoba: "Creo que fixemos todo o posible para puntuar aquí"
Por Diego Espiño
A derrota do Pontevedra Club de Fútbol en Córdoba "para nós é inxusto. Creo que como mínimo debiamos empatar".
Así o defendeu na rolda de prensa posterior ao choque o adestrador granate, Antonio Fernández, tras ver moi preto o triunfo ao xogar máis de 80 minutos cun xogador máis sobre o terreo de xogo.
"Creo que fixemos todo o posible para puntuar aquí, e a única maneira que tiña o Córdoba de poder levar algo era a balón parado e así foi", analizou Fernández asegurando que "xeramos, creamos, tivemos o contro do partido case todo o intre e ímonos de vacío".
O preparador pontevedrés encomiou a actuación do porteiro local, Carlos Marín, que "fixo tres paradas fóra do normal que lles deu ao cabo tres puntos".
En especial acordouse da ocasión de Brais Abelenda ao pouco de iniciarse a segunda metade. "É unha acción moi clara, que o porteiro ten un acerto brutal, e de meterlles un gol sería o partido completamanete diferente", afirmou Antonio sobre un encontro no que "en todo momento quixemos ir a por o partido pero coas nosas precaucións".