As loitadoras Lydia Pérez e Nerea Pampín, convocadas por España para disputar dous torneos en Francia
Por Redacción
As loitadoras Lydia Pérez (-62 kg) do Club de Loita Pontevedra e Nerea Pampín (-65 kg) do Club Keltoi de Vila de Cruces, ambas as deportistas becadas no CGTD de Pontevedra, recibiron a convocatoria da selección nacional feminina para paricipar en dous torneos internacionais en París.
O primeiro en celebrarse será o Training Camp e o Team Tournament Insep Paris, de loita libre feminina que se celebrará entre o 17 e o 23 de novembro. A continuación celebrarase o torneo internacional Henry Deglane, da mesma disciplina, do 23 ao 27 de novembro.
Estas actividades forman parte da preparación internacional de cara a nova tempada 2023, onde terán como gran obxectivo, os campionatos do mundo absolutos de Loitas Olímpicas, primerio clasificatorio para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Relacionadas:
-
As loitadoras do CGTD, Lydia Pérez e Nerea Pampín, soben ao podio no torneo internacional de Klippan
Por Redacción |
-
Lydia Pérez inicia en Niza un ano repleto de campionatos coa vista posta en París 2024
Por Redacción |
-
Falece Alexander Kachelaev, responsable da loita olímpica no CGTD durante tres décadas
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez pon rumbo a Belgrado co obxectivo de conseguir unha medalla no mundial de loita
Por Manu Otero |
-
Lydia Pérez viaxa a Suecia para preparar o Campeonato do Mundo de loita
Por Redacción |
-
Lydia Pérez abónase ao bronce cun terceiro posto no Gran Premio de España
Por Redacción |