Convocada para o 20 de decembro a Xunta de Accionistas do Pontevedra
Por Diego Espiño
A esperada Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Pontevedra celebrarase o próximo 20 de decembro.
O Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) publica este martes a convocatoria dunha xunta que non se celebra, no caso da entidade granate, desde abril de 2021.
A reunión terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 17.30 horas en primeira convocatoria.
Na orde do día estará o exame e aprobación, no seu caso, das contas do club granate correspondentes ao exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2021, é dicir, cos números correspondentes á tempada post-pandemia que supuxo a reestruturación da terceira categoría nacional.
Pendente para outra convocatoria quedarán por tanto as contas do curso 21/22 e as previsións da actual tempada.
Segundo sinala o BORME poderán asistir á Xunta os accionistas que acrediten ser titulares de polo menos seis acciones rexistradas ao seu nome ou que teñan delegada esa representación.
A orde do día da convocatoria para a Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol é o seguinte:
- Primeiro: Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais (balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria) e do informe de xestión da Sociedade, correspondentes ao exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2021.
- Segundo: Aplicación do resultado do exercicio social pechado ao 30 de xuño de 2021.
- Terceiro: Información á Xunta Xeral sobre a prórroga tácita do nomeamento de SOGAL AUDITORES SLP, como Auditor de Contas da Sociedade, segundo o disposto na lexislación vixente.
- Cuarto: Delegación de facultades.
- Quinto: Rogos e preguntas.
Relacionadas:
-
A xunta do Pontevedra CF cárgase a Jose Luis Tilve, un dos tres conselleiros díscolos
Por Manu Otero |
-
A Xunta de Accionistas do Pontevedra abordará a sentenza xudicial que anula o nomeamento de Lupe Murillo como Conselleira Delegada
Por Diego Espiño |
-
Diego Seoane: "O Pontevedra ten fútbol para gañar partidos e estar tranquilo en Primeira RFEF"
Por Manu Otero |
-
Lupe Murillo: "As contas tras a pandemia rompen o ciclo de superávit que trae este Consello de Administración"
Por Diego Espiño |
-
A xunta de accionistas coas contas do ano da reestruturación, un asunto pendente para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Consello de Administración do Pontevedra reelixe a Lupe Murillo como presidenta
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo queda cinco anos máis
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda pechar a tempada da covid-19 cun superávit de 1.400 euros
Por Manu Otero & Mónica Patxot |