Bos resultados para o Kick Boxing Poio na súa primeira competición
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os alumnos da escola municipal de Poio aproveitaron ao máximo o I Trofeo Concello de Poio de Kick Boxing para coller experiencia de cara ao Campionato Galego que se celebrará o próximo mes de marzo.
Os bos resultados obtidos, con dúas medallas de ouro, seis de prata e dous de bronce, cargan de moral aos mozos deportistas ao ser esta a súa primeira toma de contacto coa competición.
Os dez deportistas do Kick Boxing Poio inscritos enfrontáronse a rivais de Arcade, Cangas, Vigo ou Noia na modalidade de 'light-combat', con dous asaltos de minuto e medio, ascendendo o tempo a dous minutos nas finais de cada categoría.