Volve a competición para un Arxil que espera estrearse como local ante o Celta Selmark
Por Redacción
Despois dunha semana de descanso o Arxil volve á acción cun duelo de rivalidade ante o Celta Selmark no Centro Galego de Tecnificación (Sábado 19:30 horas).
Será o último partido como local do ano para as verdes, que esperan lograr o seu primeiro triunfo na casa e seguir escalando posicións na táboa.
O conxunto pontevedrés mostrou unha progesión positiva co paso das xornadas, encadeando dúas vitorias a domicilio de xeito consecutivo que achegaron moita tranquilidade ao xogo do equipo, pero non lograron aínda vencer ante a súa afección.
ÿ a materia pendente das de Mayte Méndez, que terán en fronte a un Celta invicto como local (catro vitorias), pero que fóra da súa pista só gañou en Oviedo, perdendo en Ourense e Vilagarcía.
Unha das claves, segundo o coordinador do Arxil Lino Vázquez, será a concentración ante un plantel, o vigués, na que non destacan grandes individualidades pero que conta cun conxunto forte: "tenemos que estar muy concentradas porque cualquier error nos penalizará".