Davor Cutura, rumbo a Qatar con Pontevedra no corazón: "El Teucro es como mi segunda casa"
Por Diego Espiño
Falar con Davor Cutura é falar de BALONMÁN, con maiúsculas. O xogador serbio, todo un trotamundos deste deporte, atópase de vacacións en Pontevedra antes de emprender un novo reto profesional no Al Ahly de Qatar.
Malia que a súa etapa no Teucro, onde permaneceu catro anos, xa queda lonxe, Cutura asegura que a cidade do Lérez é "a súa segunda casa", e non oculta o seu desexo de volver de xeito definitivo ao finalizar a súa carreira deportiva. Por iso segue desde a distancia a actualidade local e a do "seu Teucro", co que adestra estes días.
O serbio, horas antes do encontro de Copa do Rei ante outro dos seus ex-equipos, o Balonmano Granollers, apórtanos a súa visión sobre a eliminatoria, o estado actual dos azuis e do balonmán español no seu conxunto.
Que ten Pontevedra para volver sempre que podes?
Pontevedra é o primeiro sitio ao que vin, como un neno case. Daquela só podían xogar dous estranxeiros, imaxínate, eu con 21 anos e tanta responsabilidade nun equipo que subira a Asobal, tiñamos que manternos e pouca xente apostaba por nós. A sorte que tiven foi atopar un bo grupo humano, no club e fóra, ademais do que me ofrecía Pontevedra. Tamén coñecín aquí á miña esposa e fixen unha vida aquí.
Segues a actualidade do Teucro? Como viches ao equipo?
Teucro é como a miña segunda casa, eses catro anos marcáronme moito. En canto ao equipo sorprendeume positivamente, é moi novo, fáltalle un pouco de experiencia pero creo que están facendo un gran traballo, teñen moita proxección. A Barrios non o coñecía pero é un adestrador idóneo para un equipo como o actual do Teucro, con xogadores novos, ademais vexo aos rapaces gozar adestrando e gozar xogando.
"Este equipo cun par de fichajes eu creo que pode plantar cara a moitos equipos de Asobal"
Crees que ten opcións de ascender a Asobal?
Si, e espero que si soben os xogadores sigan co Teucro, porque agora mesmo este equipo cun par de fichajes eu creo que pode plantar cara a moitos equipos de Asobal. Xa non hai tanta diferenza entre moitos equipos de Asobal cos de Prata.
E o partido de Copa, é posible dar a sorpresa?
A ver como se recuperan psicoloxicamente do pau do sábado, pero para eles ten que ser unha festa, simplemente teñen que saír a gozar do partido, dar o 100% e confiar que se pode pasar, porque si que se pode pasar. Granollers é máis equipo que Valladolid, o principal é que non se sintan cómodos en ningún momento, ten que saír un bo partido e intentar que nunca se vaian a catro ou cinco goles, que sintan presión.
Falabas da diferenza entre os equipos de Asobal e Prata, crees que baixou moito o nivel en España?
Eu creo que é unha bóla que levaba tempo facéndose cada vez máis grande, a xente fichaba sen ter pechado orzamento e a final de ano pagaba as débedas co diñeiro do ano seguinte e a débeda cada vez máis grande. Aquí aproveitouse moi mal o balonmán, o tirón que deron os éxitos a nivel de clubs e tamén a selección, pero dentro do malo esta xente ten agora a oportunidade de xogar, ata fai tres ou catro anos estes rapaces difícilmente terían oportunidade de xogar en División de Honra B e ter esa responsabilidade tan cedo.
"A marca de balonmán en España non ten peso, non ten importancia"
ÿ curioso que isto pase cando o nivel do balonmán español, a nivel de xogadores, sexa quizais o máis alto da historia.
ÿ algo que non se entende, fóra de España ninguén o entende. En Alemania con todos estes éxitos non ven posible como non se aproveitou. O balonmán é un deporte espectacular, pero non se vende como tal. A marca de balonmán en España non ten peso, non ten importancia.
E agora Qatar. Que ten para levarse últimamente a tantos talentos?
Son moi ambiciosos e apostan moito polo deporte. Todos os clubs son equipos de fútbol con seccións doutros deportes, non existe un club só de balonmán. O caso do meu, o Al Alhy, é o equipo por exemplo onde estivo xogando Guardiola.
Non é a túa primeira experiencia nun país árabe, o teu paso polo Líbano deixou ademais algunha anécdota non?
Xoguei a Copa Asiática con Hombrados, Jerome Fernández, Edu Fernández... Era un equipo con 10 ou 11 estranxeiros e realmente nós xogabamos como libaneses, senón sería imposible porque cada equipo só podía xogar con dous estranxeiros.
E como é iso posible?
Fixéronnos o pasaporte nunha mañá, foi toda unha aventura. Tamén estiven en dous meses e medio en Abu Dabi antes de irme a Beirut.
Volvendo a Pontevedra, son xa tres anos de campus Davor Cutura, seguirá facéndose?
Seguro. O balonmán é a miña vida, eu xa teño 34 anos, antes non pensabas nun final de carreira como xogador, parecíache todo moi lonxe, pero agora véxoo cada vez máis cerca e pensas noutras cousas. Tiña claro que o quería facer aquí por todas as amizades que teño e porque máis balonmán que é esta pronvincia hai poucos sitios, ademais sen a axuda de xente como Nano Martínez non sería posible.
Veste volvendo a Galicia?
Si, os meus plans de futuro están unidos a Pontevedra.