Tres tiradoras da Escola Hungaresa clasifícanse para a Copa do Mundo de Sabre Júnior
Por Redacción
Natalia Fernández, Antonella Bunimov e Ángela De Faveri, tiradoras da Escola Hungaresa de Pontevedra, lograron clasificarse para a Copa do Mundo de Sabre Júnior.
As tres deportistas acudirán á cita, que se celebra en Ciudad Real o próximo 14 de decembro, a pesar de que aínda pertencen a unha categoría inferior, a cadete.
Natalia e Ángela competirán representando a España, mentres Antonella o fará en representación do seu país de orixe, Venezuela.
A proba, puntuable para o ránking mundial júnior, conta cunha inscrición na que figuran deportistas de Francia, Italia, Hungría ou Alemaña.
No caso de Natalia Fernández, o tirador pontevedresa acode a Ciudad Real por segunda vez, repetindo a súa presenza do pasado ano, cando finalizou nunha meritoria décimo oitava posición.