Un Portonovo práctico e efectivo vence a domicilio (0-3) ao Atios
Por Redacción
Nada mellor para deixar atrás unha crise que unha vitoria contundente e nun campo difícil como o do Atios. Conseguiuno o Portonovo de Ricardo Fernández, que ademais dos tres puntos logrou deixar a súa portaría a cero despois de sete xornadas.
Nun escenario como o dos Carballos o práctico imponse ao estético. Fútbol directo e intentar aproveitar as ocasións de gol. O Portonovo marcou pronto, aos 9 minutos de xogo, ao transformar Suso Vidal un penalti por mans de Sombri. Pouco despois viría o segundo, nun gran remate de César, aproveitando un centro de Luis Alberto.
Con vantaxe no marcador, os arlequinados foron prácticos en defensa e non pasaron apuros, esperando a oportunidade de sentenciar nalgunha contra. Logrouno cando o partido estaba practicamente finalizado, por medio de Silva.
C.D. ATIOS (0): Miguel; Bubi, Valiente, Berto, Sombri, Julio (Cal, min. 89), Romero (Maroto, min. 75), ÿscar (Monzi, min. 20), Asier, Michi (Jacobo, min. 65) e Dieguito.
PORTONOVO S.D. (3): Marcos Bermúdez; Gandara, ÿscar, Renda, César, Álex Cubas (Iván, min. 75), Luis Alberto (Suso Martínez, min. 46), Nacho (Rodri, min. 89), Suso Vidal, Suso Bea e Silva.
Árbitro: Hernández González (Ourense). Amoestou a Bubi, Julio, Jacobo e Maroto, polo Atios, e a César e Nacho, polo Portonovo.
Goles: (0-1) Minuto 9: Suso Vidal, de penalti. (0-2) Minuto 22: César. (0-3) Minuto 90: Silva.
Incidencias: Campo Os Carballos (Atios-O Porriño). Uns 100 espectadores.