Falece Neme, lenda do 'Hai que roelo' e único internacional español absoluto na historia do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol está de loito, tras confirmarse este xoves o falecemento dunha das súas lendas máis lembradas, Nemesio Martín Montejo 'Neme'.
O salmantino, único futbolista que chegou a xogar na Selección Española Absoluta vestindo a camiseta do Pontevedra, faleceu aos 82 anos de idade.
"Chéganos dende a súa Salamanca natal a triste noticia do falecemento de Nemesio Martín Montejo, Neme, lenda do Hai Que Roelo. As nosas condolencias para os seus familiares e amigos. ¡Neme, eterno nos nosos corazóns, descanse en paz!", sinalou o club granate tras confirmarse a noticia.
Chéganos dende a súa Salamanca natal a triste noticia do falecemento de Nemesio Martín Montejo, Neme, lenda do Hai Que Roelo.
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) October 20, 2022
As nosas condolencias para os seus familiares e amigos. ¡Neme, eterno nos nosos corazóns, Descanse en Paz! pic.twitter.com/DgSaeWbngd
Neme defendeu as cores do Pontevedra durante oito tempadas, cinco delas en Primeira División como integrante do mítico 'Hai que roelo', cun total de 206 partidos nos que anotou 64 goles oficiais.
Aterrou en Pasarón en Segunda División na campaña 64-65, logrando o campionato e o ascenso á máxima categoría, onde estaría cos granates as seguintes cinco campañas. O seu gran rendemento esas tempadas fíxolle recibir a chamada da Selección Española Absoluta, coa que debutou un mes de decembro do ano 65 nun encontro contra Inglaterra.
Todo un fito que ninguén volveu a repetir ata a data.
Descanse en paz.
Relacionadas:
-
Ter Stegen iguala co Barcelona un rexistro de Cobo co Pontevedra do 'Hai que Roelo'
Por Diego Espiño |
-
Magín Froiz, Cholo ou Nélida Piñón: 2022, un ano de despedidas
Por Diego Espiño |
-
Falece Seve Penelas, socio e afeccionado histórico do Pontevedra CF
Por Redacción |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo pon voz ao sentir do Pontevedra pola perda de Neme: "Deixou pegada nesta cidade"
Por Diego Espiño |
-
O espírito de Cholo descansa para sempre no seu querido Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Último adeus a Cholo, histórico capitán do Pontevedra do Hai que Roelo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra chora a perda de Cholo: "Todos nos sentimos orgullosos del"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo
Por Diego Espiño |
-
O 'Gol do allo' perde ao seu protagonista. Falece Rafa Ceresuela
Por Ramiro Espiño |