Neta superioridade a pesar das baixas do Cisne (36-24) sobre o Bueu Atlético
Por Ramiro Espiño
Se á habitual capacidade goleadora do Cisne se lle une un bo labor defensivo, o equipo de Edín Covelo resulta un inimigo complicado para calquera rival. Pero se o bo labor atacante é algo frecuente no equipo pontevedrés, a súa faceta defensiva non o é tanto. Para desgracia do Bueu Atlético, no partido entre ambos os dous uníronse ambas as dúas cousas, e o resultado foi a clara e ata cómoda vitoria local.
Nin sequera as numerosas baixas coas que contaba o Cisne, que o obrigaron a aliñar dous xuvenís, foron un obstáculo para que o partido quedase encarrilado xa na primeira parte, cunha vantaxe de seis tantos que crecería logo ata chegar a unha máxima diferenza de 13 goles, o que reflicte claramente a diferenza existente entre ambos os dous equipos.
Destacar tamén o debut no equipo dirixido por Edín Covelo de Edu Domínguez, que tivo unha boa actuación e que vén a dotar ao cadro pontevedrés dun maior potencial para as próximas xornadas.
CISNE (36): Edu Alonso; Álex Chan (2), Rafa Dasilva (8), Rey (5), Javi Vázquez (7, 2 de penalti), Rafa Gestido (2), Carlos Fernández (3) -sete inicial-, Juan Novás (p.s.), Andrés Sánchez (3), Edu Domínguez (3), Pablo Picallo (3), Aarón Fernández e Sergio Doval.
BUEU ATLÿTICO (24): Risi; Mauro, Aitor (5), Pablo (3, 1 de penalti), Santi (1), Chema (5), Andrés -sete inicial-, Yeray, Evo (4, 2 de penalti), Moncho (3), Sergio, Piedras (1) e Jacobo (2).
Árbitros: José María Reyes e Susana Reoyo (colexio castelán-leonés). Excluíron por dous minutos aos locais Rey, Carlos, Edu Domínguez e Pablo Picallo, e aos visitantes Mauro, Pablo, Andrés e Piedras.
Marcador (cada cinco minutos): 4-0, 7-3, 9-6, 11-7, 13-10, 18-12 (descanso), 19-14, 23-15, 28-28, 31-20, 33-21 e 36-24 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 100 espectadores.