Importante vitoria ante o Lavadores (30-33) para un Cisne que se consolida na parte alta da táboa
Por Redacción
Cuarta vitoria consecutiva para o Cisne. Parece que os homes de Edín Covelo lograron deixar atrás o seu renqueante inicio de tempada e acomódanse na parte alta da clasificación de Primeira Nacional. O último triunfo así o certifica. Lográrono nunha cancha nada doada, a dun Cinco Jotas Lavadores que apenas inquedou o seu rival. Os pontevedreses impuxéronse por 30-33.
O triunfo do Cisne consolidouse, especialmente, nos primeiros 20 minutos de partido. Grazas a un bo traballo defensivo e o acerto goleador de David López desde o pivote, máximo anotador do partido con oito goles, fóronse ao descanso cunha renda de seis goles de vantaxe, 10-16.
Trala reanudación, o Lavadores intentou reaccionar pero, aínda que chegaron a recortar a desvantaxe ata os tres goles en varias fases da segunda parte, nunca puxeron en apuros ao equipo pontevedrés, que soubo administrar a renda adquirida na primeira media hora de partido.
Con esta vitoria, o Cisne sitúase na sexta praza da clasificación. Suma 15 puntos
LAVADORES (30): Dani, Diego García; Mario Alonso (6), Iago Rivas, Fernández, Borja Méndez (4), Miguel Díaz, Pablo Gayoso (3), Corcera (6), Javier Carrera (3), David Alves, Miguel (4) e Iago Alonso (4).
CISNE (33): Edu Alonso, Juan Novás (p.s.); David López (8), Álex Chan (3), Rafa Dasilva (5), Pablo Rey (4), Javi Vázquez (1), Iván Abilleira, Rafa Gestido (2), Andrés Sánchez (2), Edu Domínguez (4), Pablo Picallo (4), Carlos Rodríguez y Sergio Doval.
Árbitros: Santiago Piñeira y Juan Cuesta (colegio asturiano). Excluyeron con dos minutos a los locales Javi Carrera, Miguel e Iago Alonso y a los visitantes David López, Álex Chan y Edu Domínguez.
Marcador (cada cinco minutos): 3-6, 4-7, 5-10, 5-12, 7-14, 10-16 (descanso), 14-20, 17-23, 20-24, 23-27, 25-31 y 30-33.
Incidencias: Partido correspondiente a la decimotercera jornada de Primera Nacional, disputado en el pabellón de Lavadores.