O Arxil cae nas semifinais da Copa Galicia ante o Baxi Ferrol (89-61)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil non puido acceder á final da Copa Galicia tras caer contra o Baxi Ferrol por 89-61.
As pupilas de Mayte Méndez chegaran á recta final do torneo como vencedoras da fase previa do torneo gañando ao Cortegada por un axustado 54-47 e ao Maristas Coruña por un contundente 47-70.
O Arxil mostrou moi boas sensacións durante toda a Copa, pero foron superadas por un Ferrol de Liga Challenge ao que lle puxo as cousas complicadas.
Sobre todo pola actuación dunha Nerea Liste que anotou nin máis nin menos que 17 puntos e recolleu 8 rebotes, que lle valeron para ser a mellor xogadora do encontro con 22 de valoración.
Acompañárona Carolina Bernardeco (12 puntos), Nena Trajchevska (11 puntos) e Margarita Moreira (9 puntos).
Relacionadas:
-
A Liga Feminina 2 levanta o pano para un ambicioso Arxil
Por Redacción |
-
Ferrol será a sede da fase final da Copa Galicia para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil avanza a semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
Sensacións positivas para o Arxil na Copa Galicia, superando o Cortegada (54-47)
Por Redacción & Mónica Patxot |