Victoria e liderado en solitario para o Waterpolo Galaico tras a visita do CW Santiago
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra mantense como líder en solitario da Liga Galega Absoluta de 1ª División tras gañar o pasado fin de semana ao CW Santiago no Centro Galego de Tecnificación (11-9).
Os lerezanos son o único equipo da competición que se mantén invicto, aínda que tivo que esforzarse para manter esa condición na reedición da final de liga da pasada tempada.
Os de Javi de Sáa empezaron o partido con moita intensidade, rematando o primeiro parcial con vantaxe (3-1), unha renda que conseguiu ampliar antes do descanso (6-3).
Xa no terceiro cuarto o Santiago reaccionou para empatar o partido e poñer emoción aos últimos minutos, pero os pontevedreses mantiveron a raia ao seu rival para certificar un importante triunfo.
CW GALAICO (11): Pablito, Xoán, Manu, Rubén, Kike (1), Pablo, Ángel (1), Andrés (2), Raúl (3), Luis (1), Bran (1), Juan (2), Raulito.
CW SANTIAGO (9): Raposo, Fernández, Ferrer, Mayer (1), del Rio, Piñeiro (4), Raposo, Caamaño (2), Suarez (1), Carro, Sampaño, Campaña (1), Viaño.
Parciais: 3-1, 3-2, 4-3, 1-3.