O Villalonga cae no tempo de desconto ante o Pontellas (1-0)
Por Redacción
Nun partido con poucas ocasións un gol no tempo de desconto do Pontellas rematou por tombar ao Villalonga (1-0).
Os de Julián Ferreiro formularon un partido serio en Porriño, pero tiveron dificultades para impoñer o seu xogo ante un duro rival.
Cando o encontro parecía abocado ao empate, o conxunto local aproveitou a súa última oportunidade nun contragolpe para levarse os tres puntos grazas ao tanto de Javi.
Tras esta derrota o Villalonga queda na quinta praza da clasificación con 24 puntos, a catro da zona de ascenso directo.
CD PONTELLAS (1): Iván, Adrián, Diego, Lucas, Barros, Álex (Rubén, min.93), Comis (Jose, min.90), Chuvi, Brian, Caco, min.62, Chus (Javi, min.87).
VILLALONGA FC (0): Berto, Leo, Saúl, Gabi, Manu, Cuqui, Arias, Adrián, Rego (Héctor, min.46), Antonio (Giao, min.73), Jorge Fernández.
Árbitro: Queija Domínguez (Ourense). Amoestou a Caco e Javi nos locais e a Jorge Fernández e Adrián nos visitantes.
Gol: 1-0 Javi, min.92.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Campio, Porriño.