Cómodo triunfo do Balonmán Pontevedra (25-33) ante o Pabellón Ourense
Por Redacción
O Balonmán Pontevedra fixo bos os prognósticos que lle daban como claro vencedor na pista do Pabellón Ourense. Os locais, que aínda non coñecen a vitoria na Liga, non foron rival para o equipo de Pedro Pérez, que levou a iniciativa dende o asubío inicial, conseguindo unha cómoda vitoria que o afasta dos postos comprometidos.
Os pontevedreses resolveron o partido xa na primeira parte, retirándose ao descanso con sete goles de vantaxe, que aumentarían na reanudación ata os nove tantos de diferenza, que foron administrando sen maiores problemas.
PABELLÿN OURENSE (25): David Neves, Diego Marí; Alejandro Campos (1), David Hernández (1), Adrián Laso, Julio Marí (1), Jorge Noguerol, Víctor Novoa (1), Borja Pérez (2), Xurxo Pérez (1), Quintas (3), Álex Ruiz (4), Fran Varela (3) e Alberto Diz (8).
BALONMÁN PONTEVEDRA (33): Pablo Galán, Anxo Otero; Domato (4), Gonzalo García (3), Alberto Garrido (5), Daniel Gómez (2), Jaime Iglesias (3), Eloy López (1), Fernando Rey (3), Jorge Rodríguez (2), Alberto Santiago (5), Ángel Soliño (4), Javier Suárez e Hugo Urtaza (1).
Árbitros: Iván Pereira Meireles (Castela-León) e Alberto Jesús Benegas García (Extremadura). Excluíron dous minutos a Julio Marí e Jorge Noguerol (2), polos locais, e a Daniel Gómez, Jaime Iglesias, Eloy López e Javier Suárez, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 2-5, 4-7, 6-10, 6-13, 8-15 (descanso), 12-20, 14-23, 16-25, 19-28, 22-31 e 25-33 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal Dos remedios (Ourense).