Anita volve á convocatoria do Poio FS para recibir o Universidad de Alicante
Por Redacción
Por primeira vez na tempada oficial Ana Fragueiro, Anita, entrou na convocatoria do Poio Fútbol Sala ante a visita do Universidad de Alicante (sábado 18:30 horas).
Anita, unha vez superada a lesión de menisco que sufriu na Copa Xunta e que lle obrigou a pasar polo quirófano, estará a disposición de Marcio para un partido no que as vermellas tratarán de esquecer o empate in extremis da última xornada en Ourense.
A Seca recibirá a un equipo, o alacantino, asentado na cuarta praza da clasificación e que chega a Poio tras encadear tres triunfos consecutivos.
A convocatoria para o encontro complétana Silvia, Carmen, Charo, Peke, Ceci, Yoly , Kiko, Elena, Mar, Paloma e Claudia.
Este partido será o último antes do parón pola disputa do Mundial, no que estará presente a xogadora do Poio Ceci, que ten previsto partir na mañá do domingo cara a Madrid para concentrase nas Rozas xunto ao resto de compañeiras da Selección Española.