Un penalti no último segundo priva da vitoria o Poio FS en Ourense (3-3) ante o Cidade de As Burgas
Por Redacción
Final con polémica e reparto de puntos que sabe a pouco. O Poio F.S. regresa de Ourense coa sensación de ter sido espoliado por unha arbitraxe nefasta, e maltratado por algunhas situacións vividas no escenario do partido que deixan en interdito a actuación do club local.
Dous penaltis sinalados en contra, a expulsión por dobre amarela de Elena. O Poio quéixase de non poder nin sequera utilizar o seu vestiario no descanso do partido, así como tamén denuncia insultos de xogadoras e afeccionados locais aos seguidores rojillos desprazados ata Ourense.
Un final desagradable que ademais privou ás de Marcio Santos dunha vitoria merecida e que practicamente tiñan no peto, con ese penalti inexistente sinalado pola parella arbitral practicamente no último segundo do partido e que significou o empate.
Vanessa, tras un saque de banda, aproveita un balón solto que dá en Peke e supera a Silvia, para poñer por diante o equipo local, aos catro minutos. Pero reaccionaría pronto o Poio cando Ceci lle rouba o balón a María Romero para conseguir o empate co que se chegaba ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte Kiko conseguía cun tiro dende fóra da área o segundo gol do Poio e Claudia facía o 1-3 mediado o segundo tempo, aproveitando unha xogada á saída dun corner.
O partido estaba encarrilado, pero apareceron os árbitros para sinalar o primeiro penalti, por mans de Kiko, que transformaba Iria.
No medio dun ambiente de tensión, a falta de poucos segundos chegaba o segundo penalti favorable ao cadro local, por entender os árbitros que Ceci empurrara a Iria, nunha acción que ninguén máis que a parella arbitral apreciou. Deste modo, co tempo cumprido a mesma Iria conseguía o empate, ante a indignación dos afeccionados e equipo visitante.
CIDADE DE ÁS BURGAS (3): Ana; Iria, Nerea, María Arias, Vanessa -cinco inicial-, Peque, María Romero, Nati, Sonia, Candela e Figo.
POIO F.S. (3): Silvia; Charo, Claudia, Ceci, Kiko -cinco inicial-, Peke, Elena, Yoly, Carmen, Paloma e Mar.
Árbitros: Vázquez Castellanos e Cristelo Blanco (Colexio galego). Amoestaron a Figo, polo equipo local, e a Carmen, Mar, Paloma e Ceci, polo Poio. Expulsaron por dobre amarela á xogadora visitante Elena.
Goles: (1-0) Minuto 4: Vanessa. (1-1) Minuto 5: Ceci. (1-2) Minuto 22: Kiko. (1-3) Minuto 31: Claudia. (2-3) Minuto 32: Iria, de penalti. (3-3) Minuto 40: Iria, de penalti.
Incidencias: Pavillón Municipal Os Remedios (Ourense). Uns 500 espectadores, con numerosa presenza de afeccionados do Poio FS.