Catro pontevedreses no Campionato de España de Mushing Terra da Estrada
Por Redacción
Máis de 160 participantes e 300 cans tomarán a saída o próximo fin de semana nas diferentes modalidades do Campionato de España de Mushing Terra, e entre eles estará catro deportistas de Pontevedra.
Manuel Cruces, xunto ao seu can Lio, competirá en canicross realizando carreira a pé coa súa mascota, mentres Ledicia Seoane, Julio Vázquez e Pablo Rodríguez o farán en bicicleta (bikejoring).
Ledicia, que ocupa actualmente o terceiro posto na Copa de España, estrearase nesta competición coa súa cadela Kira, mentres Xullo participará con Kora e Pablo, cuarto na última edición do campionato, o fará acompañado de Klaus.
As diciplinas do mushing baséanse nunha práctica deportiva na que os cans xogan un papel moi importante nos equipos.
A praia fluvial do río Liñares, na Estrada, será escenario das diferentes probas en dúas mangas de competición, fixadas para sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, resultando gañador o competidor que logre o mellor tempo coa suma das dúas mangas.