Bea Gómez, Iria García e Paula Goyanes representarán o Galaico no Nacional de Inverno
Por Redacción
O Club Natación Galaico estará representado no próximo Campionato de España de Inverno en Piscina Curta, que se celebrará entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Castellón.
Alí estarán Bea Gómez, Iria García e Paula Goyanes, xunto ao adestrador Álvaro Reiriz.
Bea será a nadadora que competirá nun maior número de disciplinas, estando inscrita para os 400 libres e estilos, os 200 libres, braza e estilos e os 100 libres.
Pola súa banda Iria García participará nos 1500, 800 e 400 libres e Paula Goyanes nadará os 200 estilos.
Relacionadas:
-
Cuarta e quinta medalla para Bea Gómez na xornada final do Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
Dúas novas medallas para Bea Gómez Cortés, prata e bronce, no Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
Bea Gómez Cortés estréase no Nacional de Inverno de Castellón con prata nos 200 libres
Por Redacción |
-
A preparación de Bea Gómez ata Río 2016 estará patrocinada polo Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |